CRTVG

Buscar

Falecen dúas mulleres por coronavirus tras unha semana sen rexistrarse ningún deceso

Publicado o 14/07/2021 20:22
Falecen dúas mulleres por coronavirus tras unha semana sen rexistrarse ningún deceso

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) notificou este mércores o falecemento de dúas persoas que foron diagnosticadas con coronavirus. Con elas, o número de vítimas ascende a 2.441 desde o comezo da pandemia en Galicia.

Os decesos son os dunha muller de 88 anos no Complexo Hospitalario de Ferrol e unha muller de 100 anos na residencia García Hermanos de Betanzos.

Segundo informa Saúde Pública, ambas sufrían patoloxías previas.