CRTVG

Buscar

Falecen dez persoas por covid-19 nas últimas 24 horas en Galicia

Publicado o 11/12/2020 20:41
Falecen dez persoas por covid-19 nas últimas 24 horas en Galicia

Dez novos falecidos elevan a 1.303 as mortes por coronavirus en Galicia. No CHUAC falecían dous homes de 87 e 88 anos, e unha muller de 65 anos. No CHUO unha muller de 94 anos e no CHOP un home de 60 anos.

Tamén se notificou a morte dun home no CHUVI procedente da Residencia Doral de Mos, no centro integrado CEGADI unha muller de 94 anos procedente da Vivenda Comunitaria de Castrelo de Miño e no centro integrado Boullosa Pardo de Vera de Vigo, unha muller de 97 anos procedente da residencia CRAPD de Vigo II. 

No xeriátrico Vila do Conde de Gondomar faleceron dúas usuarias de 97 e 82 anos. O Sergas indica que todos os falecidos presentaban patoloxías previas.