CRTVG

Buscar

Dez falecidos máis pola covid-19 en Galicia, que alcanza as 2.164 vítimas en total

Publicado o 19/02/2021 20:36
Dez falecidos máis pola covid-19 en Galicia, que alcanza as 2.164 vítimas en total

Sanidade vén de notificar o falecemento de 10 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus. Con estes datos, a cifra total de mortes desde o inicio da pandemia sitúase nas 2.164 en Galicia.

• Na xornada de onte faleceron unha muller de 80 anos no CHUS, un home de 53 anos no CHUS, unha muller de 86 anos no CHUF -procedente da residencia O Casón de Moeche-, unha muller de 89 anos no CHUVI, un varón de 54 anos no CHOP e un home de 75 anos no CHUS.

• Nas últimas 24 horas perderon a vida unha muller de 78 anos no CHUS, unha muller de 84 anos no CHUS, unha muller de 93 anos na residencia integrada Cegadi -procedente da residencia San José de Arzúa- e un varón de 75 anos no CHUS.

Segundo informa o Servizo Galego de Saúde, todas elas presentaban patoloxías previas.