CRTVG

Buscar

Falecen cinco persoas por coronavirus en Galicia e elevan a cifra total a 2.315

Publicado o 18/03/2021 21:30
Falecen cinco persoas por coronavirus en Galicia e elevan a cifra total a 2.315

Sanidade vén de notificar o falecemento de cinco persoas que foran diagnosticadas por coronavirus. Con estas, a cifra total de decesos ascende a 2.315 desde o comezo da pandemia en Galicia.

• Na xornada de onte faleceron un home de 82 anos no CHUAC, unha muller de 89 anos no CHUVI e un varón de 73 anos no CHUS.

• Nas últimas 24 horas perderon a vida unha muller de 78 anos no CHUAC e unha muller de 79 anos no HULA.

Segundo informa Saúde Pública, todas elas presentaban patoloxías previas.