CRTVG

Buscar

Falecen cinco militares no Perú nun accidente de helicóptero

Publicado o 18/04/2021 00:35
Falecen cinco militares no Perú nun accidente de helicóptero

O helicóptero caeu a un río

Polo menos cinco militares faleceron, dous están desaparecidos e outros cinco feridos ao se estrelar un helicóptero do Exército peruano na rexión de Cusco, no sur do país. O accidente ocorreu cando a tripulación do aparello participaba nunha operación de recoñecemento contra o tráfico de drogas. Ao parecer, o helicóptero caeu ao río Vilcanota por unha avaría mecánica.