Falece Xavier García, xornalista da Radio Galega
Publicado o 05/10/2021 16:21

Esta casa despide hoxe un compañeiro: o xornalista da Radio Galega Xavier García.
Xavier, que chegou a ser xefe de Informativos da radio pública entre os anos 2002 e 2005, foi unha das voces imprescindibles da radio pública dende 1990. Especializouse en información política e cubriu boa parte da actividade que xeraba naqueles tempos a presidencia da Xunta, o que o levou a viaxar por multitude de países do mundo.
A Corporación de Radio e Televisión de Galicia quere enviarlle á súa familia e aos seus achegados todo o noso recordo e o noso cariño.