CRTVG

Buscar

Tráxico inicio da operación saída con tres mortos nas estradas galegas

Publicado o 31/07/2021 19:11
Tráxico inicio da operación saída con tres mortos nas estradas galegas

Morreron tres persoas nas estradas galegas desde o venres. Dúas delas foron atropeladas en Vilariño de Conso e Mugardos. Nesta última localidade morreu unha moza de 19 anos ao carón da súa casa a onde regresaba de madrugada. A terceira vítima é un motorista que bateu na mañá deste sábado contra unha furgoneta en Carral. 

Tráxico inicio para unha operación especial na que se prevén múltiples desprazamentos ata mañá ás doce da noite. Tráfico porá en marcha desde o día 2 ata o 8 de agosto unha campaña de controis de alcol e drogas entres os condutores. Doce helicópteros e 39 drons vixiarán as estradas desde o aire.