Falece unha persoa tras quedar atrapada baixo o tractor que manexaba
Publicado o 07/10/2021 17:20

EP
Unha persoa faleceu tras envorcar o tractor que manexaba e quedar atrapada debaixo no municipio ourensán do Barco de Valdeorras. O accidente rexistrouse polas 17.00 horas, segundo os datos do 112 Galicia, no lugar de Coedo.
Ata o lugar desprazáronse efectivos de bombeiros de Valdeorras, GES do Barco e de Protección Civil, ademais do equipo sanitario do 061, que nada puideron facer por salvarlle a vida.
#AXEGAInforma de que unha persoa faleceu ao envorcar o tractor que manexaba e quedar atrapada debaixo, no lugar de Coedo, no @ConcellodoBarco. Ademais do equipo sanitario, que nada puido facer por salvarlle a vida, interviñeron: Bombeiros de Valdeorras, #AVPC e #GES do Barco. pic.twitter.com/f6HWF32WiP
— 112Galicia (@112Galicia) October 7, 2021