CRTVG

Buscar

Falece un home nunha colisión entre un coche sen carné e un camión en Melide

Publicado o 15/04/2021 17:13

Unha persoa faleceu este xoves ao chocar o coche sen carné que conducía contra un camión no concello de Melide, segundo informa o 112 Galicia.

A vítima incorporábase co seu coche á nacional 547 e non viu o camión que xa viña circulando por esa vía. Metéuselle diante e o accidente foi xa inevitable. O sinistro ocorreu ás tres e media da tarde á altura do polígono.  

Desde o 112 avisouse os efectivos de Tráfico da Garda Civil e as Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron ao helicóptero medicalizado.

Á súa chegada, os servizos de Emerxencia confirmaron que a persoa falecera. Tamén foron informados os bombeiros de Arzúa, a Policía Local e Protección Civil. O falecido era veciño de Santiso. O condutor do camión resultou ileso.