Falece un home nun accidente cun tractor en Santa Comba
Publicado o 11/07/2021 19:48

Arredor das sete da tarde deste domingo faleceu unha persoa por mor dun accidente cun tractor no lugar de Esmerode, en Santa Comba. Así o confirmaron fontes do 112 Galicia. Ata o lugar desprazouse persoal dos servizos sanitarios, bombeiros do Xallas, Garda Civil, Policía Local e Protección Civil. Con todo, non puido facerse nada por salvarlle a vida.
#AXEGAInforma de que un home perdeu a vida nun accidente co tractor que manexaba en #SantaComba, no lugar de Esmerode. Os servizos sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento. Interveñen tamén: #BombeirosXallas, @guardiacivil de tráfico, #PolicíaLocal e #ProtecciónCivil. pic.twitter.com/6DwCMmrUe1
— 112Galicia (@112Galicia) July 11, 2021