CRTVG

Buscar

Falece unha muller tras caer a un pozo na parroquia de Beade en Vigo

Publicado o 19/06/2021 17:17
Falece unha muller tras caer a un pozo na parroquia de Beade en Vigo

Unha muller faleceu este mediodía en Vigo tras caer ao interior dun pozo na rúa Falcoido, na parroquia de Beade en Vigo. Os bombeiros de Vigo, alertados polo 112, informaron de que rescataron o corpo da muller sen vida.

Ata o lugar do accidente desprazáronse os servizos sanitarios de emerxencias, os bombeiros da cidade e axentes da Policía Nacional e Local. Os médicos só puideron certificar a morte da muller.