Falece unha muller nun accidente en Quiroga
Publicado o 19/12/2020 12:58
Este sábado faleceu unha muller e outra persoa resultou ferida nun accidente de tráfico na N-120, á altura de Quiroga, en Lugo. Así o informou o 112 Galicia. Ata o lugar desprazáronse os servizos sanitarios, ademais dos Bombeiros de Monforte, o GES e a Garda Civil.
#AXEGAInforma que unha muller perdeu a vida, e outra persoa resultou ferida, despois de sufrir unha saída de vía co vehículo no que circulaban pola N-120, á altura de #Quiroga (Lugo). Ata o lugar acudiron os servizos sanitarios, #BomberosMonforte, #GESQuiroga e @guardiacivil. pic.twitter.com/pcFCYYl4vG
— 112Galicia (@112Galicia) December 19, 2020