CRTVG

Buscar

Falece unha muller en Trazo ao prenderlle na roupa o lume dunha estufa

Publicado o 17/04/2021 21:21
Falece unha muller en Trazo ao prenderlle na roupa o lume dunha estufa

Unha muller morreu este sábado no concello de Trazo, na parroquia de Xavestre, ao queimarse cunha estufa no seu domicilio.

O lume prendeulle na roupa e cando os servizos de urxencia a asistiron xa falecera.

Un home que vivía na mesma casa saiu desorientado e alertou do acontecido a un veciño. Á chegada dos bombeiros de Ordes xa non había lume pero a fumareda era aínda intensa.

Noticias web

17/04/2021