CRTVG

Buscar

Falece unha muller en Santa Comba nun accidente cun vehículo mesturador

Publicado o 17/10/2021 19:51
Falece unha muller en Santa Comba nun accidente cun vehículo mesturador

A Garda Civil investiga como se produciu o tráxico accidente que rematou coa morte dunha muller no concello de Santa Comba. A vítima tiña 53 anos e faleceu mentres manipulaba un vehículo agrícola que se utiliza para mesturar o alimento do gando. Nese momento, estaba soa.

O accidente ocorreu preto da unha da tarde no lugar dos Picotos, na parroquia de Santa Sabiña. Unha persoa particular chamou a emerxencias para informar dos feitos. 

O 112 mobilizou os bombeiros de Santa Comba, a Policía Local, Protección Civil e os servizos sanitarios, que só puideron certificar o pasamento da muller.

Noticias web

17/10/2021