CRTVG

Buscar

Falece unha muller de 84 anos en Vigo por mor da covid−19

Publicado o 22/07/2021 22:18
Falece unha muller de 84 anos en Vigo por mor da covid−19

O Sergas notificou o falecemento dunha muller de 84 anos no CHUVI que fora diagnosticada con coronavirus. O deceso produciuse o mércores 21 de xullo e, segundo informa Saúde Pública, a muller padecía patoloxías previas.

Con estes datos, o número de vítimas pola covid−19 ascende a 2.444 desde o comezo da pandemia en Galicia.