CRTVG

Buscar

Falece unha muller de 60 anos diagnosticada con coronavirus na Coruña

Publicado o 12/10/2021 20:25
Falece unha muller de 60 anos diagnosticada con coronavirus na Coruña

O Sergas notificou este martes o falecemento dunha muller de 60 anos que fora diagnosticada con coronavirus. A muller perdeu a vida no Hospital HM Modelo Belén e procedía da residencia Sanitas da Coruña.

Con ela, a cifra de decesos ascende a 2.643 desde o comezo da pandemia en Galicia. Segundo informa Sanidade, padecía patoloxías previas.

Noticias web

12/10/2021