Falece unha bañista tras sufrir unha indisposición na praia de Covas, en Viveiro
Publicado o 05/08/2020 18:24

Unha bañista con parada cardiorrespiratoria na praia de Covas (Viveiro) faleceu esta tarde tras sufrir unha indisposición.
Asistírona membros do 061, 2 ambulancias, Policía Local e Nacional e a Garda Civil.
Tras máis dunha hora intentando reanimala, confirmouse o seu falecemento. Testemuñas seguran que estaba na beira da auga e que se esvaeceu.