CRTVG

Buscar

Falece un veciño de Carnota mentres traballaba cun tractor nunha leira con eucaliptos

Publicado o 16/08/2021 17:58
Falece un veciño de Carnota mentres traballaba cun tractor nunha leira con eucaliptos

Un veciño de Carnota (A Coruña) de 44 anos faleceu o pasado sábado nun accidente co tractor co que traballaba nunha leira con eucaliptos, segundo informan a Europa Press fontes da Policía Local.

O home, que acaba de ser enterrado, era de profesión taxista pero tamén desempeñaba traballos agrícolas cortando madeira e rozando leiras. Tras localizar o cadáver a uns metros do tractor, que aínda estaba en marcha, fíxoselle a autopsia e "todo indica que foi un accidente", segundo sinalan as mesmas fontes. "Debeu de perder o control e saír disparado do vehículo ou saltou el ao ver o perigo", apunta a Policía Local.

Noticias web

16/08/2021