Falece un traballador en Xove cando cortaba varas de ferro
Publicado o 14/07/2020 23:18

Unha persoa faleceu este martes nun accidente laboral ocorrido nunha empresa da Mariña. Segundo informa a Garda Civil de Lugo, o traballador estaba a cortar varas de ferro. Unha delas golpeouno na cabeza e ocasionoulle a morte.