Falece un traballador na Estrada tras caerlle enriba un pau
Publicado o 23/10/2020 12:58

Un operario faleceu este venres na Estrada ao caerlle encima un poste, segundo informaron fontes do 112 Galicia. O suceso produciuse cando esta persoa estaba a traballar no monte de Tabeirós. Foron mobilizados efectivos de Urxencias Médicas, que non puideron facer nada por salvarlle a vida, así como a Garda Civil e o servizo de emerxencias e a Policía Local da Estrada.