Falece un traballador en Castro de Rei tras caerlle enriba unha peza de formigón

No concello lugués de Castro de Rei faleceu un home nun accidente laboral rexistrado no lugar de Prevesos. . A vítima traballaba para unha empresa da contrucción e desprazouse dende Asturias con material para unha obra que se estaba a realizar no lugar do accidente. Cando manipulaba a carga caeu sobre el unha peza de formigón deixándoo atrapado. Foron os bombeiros de Vilaba os que conseguiron liberalo pero os efectivos sanitarios xa non puideron facer nada por salvarlle a vida.
#AXEGAInforma dun operario que perdeu a vida despois de sufrir un accidente mentres manexaba unha peza de formigón en #CastroDeRei, Lugo. Pese aos esforzos, nada se puido facer por salvarlle a vida. Interviñen: #BombeirosVilalba e @guardiacivil. pic.twitter.com/p8ZZbOdmCH
— 112Galicia (@112Galicia) September 3, 2020