CRTVG

Buscar

Falece un traballador ao caer dun andamio na Coruña

Publicado o 12/08/2021 22:33
Falece un traballador ao caer dun andamio na Coruña

Na Coruña faleceu un traballador ao caer dun andamio desde unha altura de seis metros.

Sucedeu na rúa Martinete. Foi un particular o que avisou os servizos de emerxencia. Segundo informou o 112, ata o lugar desprazáronse os servizos de urxencias sanitarias, que non puideron facer nada por salvarlle a vida ao operario.

Non transcenderon as circunstancias en que se produciu este sinistro mortal. A investigación dos feitos está a cargo da Policía Nacional.

Noticias web

12/08/2021