CRTVG

Buscar

Falece un policía tras ser tiroteado nunha comisaría do sur de Londres

Publicado o 25/09/2020 10:31
Falece un policía tras ser tiroteado nunha comisaría do sur de Londres

Un policía faleceu este venres tras ser tiroteado por un home que estaba a ser detido nunha comisaría de  Croydon, no sur de Londres. O incidente está a ser investigado polas forzas da orde, segundo indica a Policía Metropolitana.

Nun comunicado, indican que o suceso tivo lugar arredor das 2.15 hora local na citada comisaría e que o axente perdeu a vida pouco despois de ser ingresado nun hospital próximo.

"Un home de 23 anos foi detido na comisaría. A el tamén o levaron a un hospital con feridas de bala e permanece nun estado crítico", informa a nota de Scotland  Yard. 

A comisaría policial Cressida Dick indicou que xa se iniciou unha investigación para esclarecer as circunstancias do acontecido.