Falece un operario tras un accidente laboral nunha empresa do Porriño
Publicado o 27/07/2020 18:01

Un operario faleceu na tarde deste luns tras recibir un forte golpe nas instalacións da súa empresa, dedicada ao sector do transporte, situada na parroquia de Atios, O Porriño, informaron fontes do 112 Galicia.
Sobre as 15.50 horas un compañeiro do falecido solicitou asistencia médica de urxencia para este operario despois de que levara un golpe.
Os profesionais do 061 desprazados ao momento só puideron certificar a súa morte. O centro de atención ás emerxencias de Galicia tamén mobilizou a Garda Civil, Policía Local e Protección Civil.