CRTVG

Buscar

Falece un operario de 55 anos nun accidente laboral en Tui

Publicado o 03/08/2021 19:11
Falece un operario de 55 anos nun accidente laboral en Tui

Un operario de 55 anos faleceu este martes nun accidente laboral en Tui. A vítima manexaba unha máquina de grandes dimensións nas obras de construción dunha gasolineira cando, por causas que aínda se investigan, caeu e faleceu no momento, atropelado polo propio vehículo. Ademais dos servizos sanitarios, interviñeron a Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil.