Falece un operario tras caerlle unha viga encima nun taller de Vimianzo
Publicado o 13/08/2021 18:23

O 112 vén de informar do falecemento dun home duns 40 anos tras caerlle unha viga encima nun taller en Vimianzo, na rúa do Vilar. O sinistro ocorreu ás 17:20 nos talleres Gándara.
Segundo explica a AXEGA, os servizos sanitarios desprazados nada puideron facer por salvarlle a vida ao operario. Ata o lugar tamén se mobilizaron efectivos da Garda Civil, bombeiros de Cee e Protección Civil.