CRTVG

Buscar

Falece un operario tras caer dun camión no polígono industrial de Boiro

Publicado o 13/09/2021 16:48
Falece un operario tras caer dun camión no polígono industrial de Boiro
EFE

Un traballador morreu esta este luns tras caer dun camión no polígono industrial do concello coruñés de Boiro, informou o 112 Galicia.

Os feitos ocorreron arredor das 12:30 horas, momento en que un particular se puxo en contacto co 112 Galicia para solicitar asistencia médica para un compañeiro de traballo que acababa de sufrir unha caída desde un vehículo.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) alertouse o persoal sanitario, os axentes da Garda Civil e da Policía Local e os membros do Servizo Municipal de Protección Civil de Boiro. Xa no lugar dos feitos, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 tan só puideron certificar o falecemento do operario.

Noticias web

13/09/2021