Falece un operario en Ribadavia ao caer dunha carretilla por unha posible indisposición
Publicado o 12/08/2021 09:38
Un operario morreu esta tarde en Ribadavia despois de caer da carretilla que manexaba tras sufrir unha posible indisposición. Os feitos sucederon no lugar de San Cristovo, minutos antes das 18:30 horas, momento en que outro compañeiro contactou co 112 Galicia para alertar do ocorrido. Acto seguido, a central de Emerxencias solicitou a intervención do persoal do 061, que mobilizou un helicóptero medicalizado para atender ao traballador. Tamén se informou a Policía Local, a Garda Civil e do GES de Ribadavia. A pesar dos esforzos do persoal médico, os sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida.