CRTVG

Buscar

Falece un operario ao ser esmagado por unha carretilla elevadora en Ribas de Sil

Publicado o 09/04/2021 20:00

Un operario perdeu a vida esta tarde na localidade lucense de Ribas de Sil tras ser esmagado por unha carretilla elevadora cando baixaba a carga dun tráiler. O home levaba un saco duns mil quilos por un paso a nivel a unha parcela próxima cando por causas que se descoñecen a máquina envorcou e caeu enriba del. Varios particulares contactaron co 112 Galicia para alertar do ocorrido, pero os servizos de urxencias non puideron facer nada por salvarlle a vida.