CRTVG

Buscar

Falece un mozo tras quedar atrapado nun colector de roupa usada en Málaga

Publicado o 01/08/2021 19:59

Tráxico suceso esta madrugada en Málaga capital, onde un mozo magrebí de 22 anos, faleceu tras quedar atrapado no peche dun colector de roupa usada.

Segundo as primeiras investigacións da Policía Nacional, a vítima usou unha cadeira para acceder ao colector e despois introducirse nel parcialmente coa intención de coller algunha das pezas do interior. O mozo quedou atrapado e finalmente morreu asfixiado no interior do depósito.

Noticias web

01/08/2021