CRTVG

Buscar

Falece un motorista de 51 anos tras bater cunha furgoneta en Vilar de Barrio

Publicado o 08/06/2021 20:02

Un motorista faleceu esta tarde nun accidente de tráfico, no concello ourensán de Vilar de Barrio.

Foi no lugar de Maus, na estrada que comunica Vilar de Barrio co santuario dos Milagres. A moto chocou contra unha furgoneta na que viaxaban dúas persoas que saíron ilesas. O falecido, veciño de Ourense, tiña 51 anos. Ocorreu contra as sete da tarde. O 112 mobilizou efectivos de Tráfico, GES de Laza, 061 e Protección Civil, pero non puideron facer nada pola vida do motorista.

Noticias web

08/06/2021