CRTVG

Buscar

Falece un motorista nun accidente de tráfico ocorrido este sábado no Rosal

Publicado o 23/05/2020 20:11

Pasadas as sete e media da tarde do sábado, as estradas galegas rexistraron un accidente, no concello do Rosal, cunha vítima mortal, a persoa que conducía unha motocicleta.

O falecido, veciño de Oia e duns 30 anos de idade, conducía en dirección á Guarda, á altura de Portecelo, cando, ao parecer, foi embestido por un turismo, segundo algunhas testemuñas.