Falece un motorista de 39 anos en Vigo tras chocar cun farol
Publicado o 23/12/2020 19:11

Un motorista de 39 anos faleceu este mércores en Vigo ao impactar contra un farol.
O accidente rexistrouse na estrada vella de Madrid pasadas as dúas da tarde e ao lugar desprazáronse os servizos sanitarios e axentes da Policía Local.
O 061 confirmou que enviou unha ambulancia de soporte vital básico e un equipo sanitario de atención primaria. Porén, os sanitarios non puideron máis que certificar a morte do condutor no mesmo lugar do accidente.