CRTVG

Buscar

Falece un motorista en Ribeira ao saír da vía e chocar contra un coche aparcado

Publicado o 08/03/2021 21:45

Un motorista faleceu esta tarde nun accidente en Ribeira. Foi no lugar de Areeiros, en Castiñeiras, na estrada que vai a Aguiño. Por causas que se descoñecen, o motorista saíu da vía e foi bater contra un coche que estaba aparcado. Varios veciños alertaron do accidente, pero os servizos de urxencias que se desprazaron ao lugar xa non puideron facer nada por salvarlle a vida ao motorista.