Falece un matrimonio nun accidente de tráfico na Coruña
Así quedaron os dous vehículos implicados no accidente mortal.
Todo apunta a que o condutor do coche en que viaxaban as dúas vítimas quixo facer un cambio de sentido na Avenida de Fisterra para entrar no polígono da Grela ou para volver ao centro da cidade. Daquela foi alcanzado por outro turismo.
Víctor Sánchez. Sarxento dos bombeiros da Coruña "Cando chegamos ao lugar do accidente, os ocupantes dun dos vehículos xa saíran polo seu propio pé..."
Faleceu no CHUAC pouco despois. A súa muller, de 67 anos, morreu no lugar do sinistro.
Víctor Sánchez. Sarxento dos bombeiros da Coruña "Houbo que excarcelar para sacala do vehículo..."
O impacto foi de tal magnitude que un dos automóbiles foi bater contra unha torreta de formigón de enerxía eléctrica.
Víctor Sánchez. Sarxento dos bombeiros da Coruña "O impacto foi contra ..."
Atestados de Tráfico daPolicía Local da Coruña están a investigaras causas do accidente e van facer unha reconstrución do mesmo para poder esclarecer que foi o que pasou.