CRTVG

Buscar

Falece un mariñeiro galego por mor da covid no Uruguai

Publicado o 08/05/2021 11:19
Falece un mariñeiro galego por mor da covid no Uruguai

Un mariñeiro galego, tripulante dun pesqueiro de Cangas, morría nas últimas horas en Montevideo debido á covid-19. O Concello de Cangas foi quen confirmou o pasamento.

De feito, gardouse por el un minuto de silencio durante a celebración do pleno municipal. O falecido, que estaba ingresado nun hospital da capital do Uruguai, era un tripulante do pesqueiro Playa de Sartaxéns, da armadora canguesa Moradiña.

O home, igual que outros compañeiros, tivo síntomas da infección hai días e foi trasladado a un hospital. O seu estado empeorou e ingresou na UCI, onde faleceu.