CRTVG

Buscar

Falece un home tras sufrir un corte cunha motoserra en Cangas do Morrazo

Publicado o 02/04/2021 14:12
Falece un home tras sufrir un corte cunha motoserra en Cangas do Morrazo

Un home faleceu ao sufrir un corte coa motoserra que manexaba nuns terreos da súa propiedade na parroquia de Aldán, en Cangas do Morrazo. Segundo informou este venres o CIAE 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 12:00 horas, cando un familiar do home pediu asistencia médica urxente para o home.

Tras recibir o aviso, o 112 solicitou a intervención do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, a pesar dos esforzos, nada puido facer para salvarlle a vida. Co fin de aclarar as circunstancias do suceso, o 112 Galicia informou da situación aos axentes da Garda Civil e da Policía Local. Ademais, informouse os bombeiros do Morrazo e aos membros de Protección Civil da localidade.