Falece un home tras sufrir un accidente co seu tractor no lugar de Airexe, no Incio
Publicado o 20/02/2019 19:34

Un home faleceu este mércores despois de sufrir un accidente de tractor nunha leira da súa propiedade, situada no municipio lucense do Incio.
Segundo informou o Centro Integral de Atención as Emerxencias 112 Galicia, o sinistro tivo lugar ás 16,30 horas no lugar de Airexe. Tras recibir o aviso de mans da central de emerxencias, unha dotación de Urxencias Sanitarias 061 desprazouse ao lugar pero non puido facer nada por salvar a vida do home, que faleceu no punto.
As primeiras investigacións apuntan a que a vítima quedou atrapada pola máquina que arrastraba o tractor que manexaba.