CRTVG

Buscar

Falece un home tras envorcar o tractor que conducía no concello de O Corgo

Publicado o 12/07/2019 18:41
Falece un home tras envorcar o tractor que conducía no concello de O Corgo

Un home faleceu a tarde deste venres tras envorcar o tractor que conducía cando circulaba pola estrada LU-P-1608, no concello de O Corgo (Lugo), á altura da parroquia de San Pedro de Farnadeiros.  

Fontes do 112 confirmaron que o accidente se produciu antes das 17,00 horas, cando o condutor se saíu da vía e acabou envorcado nunha leira contigua á estrada.

O servizo de emerxencias recibiu a chamada de aviso dun particular ás 16,50 horas e ata alí se desprazaron os bombeiros de Sarria, a Garda Civil e unha ambulancia. Foron os sanitarios os que confirmaron a morte do home cando chegaron ao lugar do accidente.