CRTVG

Buscar

Falece un home de 55 anos ao caerlle unha póla nunha corta na Pastoriza

Publicado o 14/12/2020 16:57

Un home faleceu na tarde deste luns no municipio lucense da Pastoriza mentres participaba nunha corta de árbores nunha leira privada. Segundo informou o CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu nun terreo próximo á igrexa de San Cosme de Piñeiro

O operario de 55 anos faleceu ao caerlle a póla dun eucalipto e morreu no momento. Outra persoa que estaba no lugar alertou os servizos de emerxencias, que xa non puideron facer nada por salvarlle a vida.

 

Noticias web

14/12/2020