CRTVG

Buscar

Falece un home tras caer da moto que conducía en Miño

Publicado o 22/06/2021 19:24
Falece un home tras caer da moto que conducía en Miño
EFE 

Un home perdeu a vida este martes en Miño ao sufrir unha caída coa moto que conducía na parroquia de Vilanova, informou o 112 Galicia. Os feitos sucederon na DP-4802, ao seu paso polo lugar de Buíña, ás 11.30 horas, momento en que un particular alertou do accidente.

Entón, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias ( CIAE) 112 Galicia púxose a situación en coñecemento da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Miño, dos Bombeiros de Betanzos e dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

A pesar dos esforzos realizados, os sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida ao motorista. 

Noticias web

22/06/2021