CRTVG

Buscar

Falece un home nun accidente laboral en Coles

Publicado o 20/08/2021 19:44
Falece un home nun accidente laboral en Coles

Esta tarde faleceu un home cando traballaba nunha obra no concello ourensán de Coles. O suceso ocorreu algo antes das tres da tarde.

O obreiro, duns 60 anos, traballaba nas obras dunha vivenda na localidade de Gustei. Os compañeiros marcharon comer e, cando regresaron, atopárono inconsciente.

Ata o lugar desprazouse un helicóptero medicalizado, pero os sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida.

Noticias web

20/08/2021