CRTVG

Buscar

Falece un motorista nun accidente de tráfico en Redondela

Publicado o 04/06/2021 15:29

Un veciño de Redondela, de 60 anos, faleceu onte nun accidente de moto, moi preto xa da súa vivenda. O sinistro ocorreu na N-550 ao seu paso pola parroquia de Cesantes. A moto saíu do carril e impactou contra un dos piares dunha ponte.

 Jorge vive moi preto de onde sucedeu o accidente e ademais é motorista. Coñece ben esta estrada. A velocidade está limitada a 90 quilómetros por hora, na súa opinión, un límite inadecuado porque neste treito hai moitos accesos dende outras vías.

O tráfico convive con vivendas, negocios e peóns. Hai tempo houbo unha iniciativa por parte da veciñanza para pedir que se reducise a velocidade máxima permitida. 

Nesta mesma semana rexistráronse outros dous accidentes mortais, En Ferrol perderon a vida dous mozos ao bater co seu vehículo contra un muro; outro dos sinistros tivo lugar en Caldas, tres vítimas mortais ao chocar un camión e un coche. 

.

Noticias web

04/06/2021