CRTVG

Buscar

Falece un home de 82 anos nun accidente de tractor en Boborás

Publicado o 03/09/2020 14:32

Consternación na localidade de Pazos de Arenteiro, en Boborás, pola morte do seu veciño de 82 anos. O accidente mortal ocorreu a carón da súa casa onde andaba co tractor. Segundo informu a Garda Civil de Tráfico por causas que se descoñecen, bateu contra o muro dunha vivenda e o tractor envorcou. Ninguén na aldea se explica que lle puido pasar.

Ata o lugar deprazouse o helicóptero medicalizado do 112, pero xa non puideron salvarlle a vida. Os veciños lamentan a súa morte.

Din que era un home que levaba toda a vida conducindo o tractor e malia a súa idade non quería deixar de facelo. A Garda Civil de Tráfico de Ourense investiga agora as causas que orixinaron este sinistro.