Falece un home na praia viguesa de Alcabre tras sufrir unha indisposición
Publicado o 10/08/2021 21:08

Un home faleceu ás seis e media da tarde do martes na praia de Alcabre, en Vigo, tras sufrir unha indisposición. Así o avanzou o 112 Galicia. Os servizos sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida. Ata o lugar tamén se desprazou a Policía Nacional e a Local.