CRTVG

Buscar

Falece un home na Cañiza por posible intoxicación de monóxido de carbono

Publicado o 07/12/2020 14:45
Falece un home na Cañiza por posible intoxicación de monóxido de carbono

Un home de 48 anos apareceu morto esta madrugada no interior da súa vivenda no concello da Cañiza. Ocorreu no lugar do Burgo, na parroquia de Oroso. 

A vítima estaría facendo uns arranxos nunha vivenda e empregou unha máquina coa que posiblemente se intoxicou.

Aínda así, investigan outras posibles causas da súa morte.

O home non regresou ao seu docimicilio e un familiar foi buscalo. A vítima recibiu axuda dunha ambulancia e foi un equipo do PAC da Cañiza o que certificou a súa morte.

 

 

Noticias web

07/12/2020