CRTVG

Buscar

Un veciño de Vilalba morre ao caerlle enriba unha cancela

Publicado o 12/09/2020 20:42

Un home de 53 anos morreu este mediodía ao caerlle enriba unha cancela na parroquia vilalbesa de San Mamede de Oleiros. Un veciño seu foi quen alertou o 112 Galicia do accidente. Sucedeu nunha leira no lugar de Vilanune. Mobilizouse o helicóptero medicalizado con base en Santiago para auxiliar a vítima.

O equipo de urxencias sanitarias só puido certificar o falecemento do home. A Garda Civíl e a Policía Local de Vilalba investigan as circunstancias que rodean o tráxico suceso.