CRTVG

Buscar

Falece un home de 76 anos en Teixeiro ao caer dun muro de máis de dous metros de altura

Publicado o 11/10/2021 20:49

Un home de 76 anos faleceu esta tarde en Teixeiro, no concello de Curtis, ao caer dun muro de máis de dous metros de altura. O home estaba limpando a maleza que había preto da súa casa, para o que se subiu ao balado. Todo apunta a que esvarou, precipitándose ao chan. Ata o lugar acudiu un helicóptero medicalizado, pero non se puido facer nada para salvarlle a vida.

 

Noticias web

11/10/2021