Falece un home de 72 anos en Vimianzo tras caer do carro que conducía
Publicado o 20/08/2019 17:19

Un home de 72 anos faleceu tras envorcar o carro de cabalos que conducía no concello coruñés de Vimianzo. O home foi trasladado en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña onde os sanitarios non puideron facer nada por salvar a súa vida.