CRTVG

Buscar

Falece un home de 46 anos en Xinzo atropelado por un vehículo que fuxiu do lugar

Publicado o 12/08/2021 09:33

Un home de 46 anos faleceu na noite deste pasado mércores despois de sufrir un atropelo por parte dun vehículo en Xinzo de Limia. Segundo informou o 112 Galicia, os feitos ocorreron no punto quilométrico 198 da estrada N-525. Pasadas as 22:30 horas deste mércores, unha testemuña contactou co servizo de emerxencias para avisar do sinistro. Así mesmo, a persoa indicou que o vehículo de alta gama implicado continou a marcha.

De inmediato, os operadores do CIAE-112 Galicia informaron os servizos sanitarios, os axentes da Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Xinzo e a Protección Civil do municipio. Unha vez chegados ao momento, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 só puideron confirmar o falecemento do peón, polo que nada puideron facer por salvarlle a vida.

A Garda Civil xa localizou e interrogou o condutor implicado, un coñecido empresario da vila de 49 anos que está investigado polo atropelo, dar positivo en alcol e abandonar o lugar do atropelo. 

Noticias web

12/08/2021